Mónica Ferrín Pereira
Mónica Ferrín Pereira é investigadora Intalent e Ramón y Cajal na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña. Doutorouse en Ciencias Políticas e Sociais polo Instituto Universitario Europeo (EUI) en Italia. Antes de mudarse á Coruña, traballou no Collegio Carlo Alberto de Turín e na Universidade de Zúrich.
A súa investigación céntrase nas actitudes dos cidadáns ante a democracia e a desigualdade de xénero na participación pública. É a coordinadora do módulo da Ronda 6 da Enquisa Social Europea sobre ‘Comprensión e avaliación da democracia por parte dos europeos’, se levará a cabo de novo en 2021. Tamén está interesada en comprender a fenda de xénero na participación pública, especialmente dende o punto de vista dos estereotipos. As súas investigacións apareceron no European Journal of Political Research, West European Politics ou no International Journal of Press/Politics.
Máis información en: https://sites.google.com/site/monicaferrinpereira1/home