Álvaro Calvo Rodríguez
Álvaro Calvo Rodríguez é asistente de investigación da Universidade da Coruña (UDC) no marco do Programa InTalent.
Formado na UDC, obtivo no ano 2017 a licenciatura en Socioloxía (2015) e o máster en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados, obtendo o Premio Extraordinario. Recibiu unha bolsa para traballar no Centro de Investigacións Sociolóxicas (2018) e no Instituto Nacional de Administración Pública (2019-2020). Álvaro ten experiencia previa participando en proxectos de igualdade de xénero xa que colaborou no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero “Suprimir O Control” e no Plan de Igualdade da comarca da Coruña. Ambos proxectos organizados pola Deputación da Coruña.
Actualmente traballa na súa tese de doutoramento sobre a fenda de xénero existente no apoio aos novos partidos de extrema dereita en Europa.